Thursday 09 de May de 2024

A remodelada pista do Touro acollerá este domingo un Torneo de Basquet de 3×3


O domingo día 14 de agosto celebrarase na remodelada pista do Touro o Primeiro Torneo Oziona 3×3 de Basquet, reservado á categoría absoluta.

Repartiranse importantes premios entre os participantes:
Campións 250,00 euros + trofeo
Subcampións 150,00 euros + trofeo
Terceiros clasificados: 50,00 € + trofeo

Os interesados poderán inscribirse na oficina municipal de Deportes (Complexo A Fieiteira, 981 8736 46, deportes@riveira.com).

Os equipos participantes poderán inscribir un máximo de 4 xogadores, sendo a inscrición de 5 euros por persoa. Poderá realizarse ata o venres 12 de agosto ás 12 do mediodía.

A competición dará comezo ás 10 horas, celebrándose media hora antes o sorteo de composición de grupos.

A organización corre a cargo da Asociación As Miñoteiras , con dirección técnica do Club Baloncesto Riveira e colaboración do Concello de Riveira.